viernes, 29 de julio de 2022

Cuartel Vello

 


DESCRIPCIÓN:

Esta casa-torre é un exemplo dos excesos en que incorreron algúns indianos no seu afán por deixar constancia do seu poderío económico, pois os máis de 1.000 metros cadrados de superficie que ten a vivenda se converteron nun problema para o matrimonio.

É lóxico, pois, que o inmoble fose posteriormente habilitado como cuartel, de aí a súa actual denominación.

A casa-torre é máis coñecida polo seu volume que polas súas feituras arquitectónicas, que non obstante teñen unha virtude: a funcionalidade do corpo principal do edificio, un octaedro de tres plantas, de concepción racionalista.

Exteriormente, o inmoble só posúe dous atractivos, a balaustrada que coroa a fachada principal e o segundo no lateral dereito, con abundante carpintaría en relevo.

ENLACES:

http://turismo.ribadeo.gal/info.php?id=10&idioma=gl&cat=1&sec=21

No hay comentarios:

Publicar un comentario